Convivir en grupo é clave. Por que?
A convivencia é a acción de vivir en compañía doutras persoas de forma harmónica, respectuosa e pacífica, compartindo espazos e tempo. Implica a interrelación entre individuos, a tolerancia á diversidade e o cumprimento de normas básicas para o benestar común na familia, escola ou sociedade.
Co plan de convivencia esperamos unha mellora significativa no centro porque todos o merecemos. Agora mesmo estamos ben pero pensamos que sempre estaría ben estar mellor.
Algúns tipos de convivencia poden ser a familiar, escolar, social, laboral y cidadá.
Para que poidamos vivir pacificamente en calquera destas, requírese que entre todas e todos nos respectemos, recoñezamos que somos diferentes e diversos, pero á vez que todos merecemos vivir.
É así como é necesario que:
Escoitémonos, apoiémonos, construamos tecido social baseado na solidariedade, a protección, cooperación e bo trato.
Recoñezámonos como persoas con emocións, permitíndonos así identificar o que sentimos e canalizar as nosas respostas de xeito asertivo.
Sexamos empáticos; isto quere dicir que poidamos recoñecer que as outras persoas tamén senten e que se poden ver afectadas polas miñas accións ou as miñas respostas.
Ser capaz de poñerme en lugar dos outros para comprender as súas emocións.
A convivencia, xa sexa familiar, escolar ou comunitaria, favorécese mediante a comunicación asertiva, o respecto mutuo, a empatía e a colaboración nas tarefas compartidas.
Pola contra, se desfavorece coa falta de diálogo, a violencia (verbal/física), a inseguridade, a desorde e a falta de límites.